De Profundis |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

De Profundis
Unha casa no medio do mar está ateigada de obxectos relacionados co mar e a navegación, e planos e deseños dun barco soñado por un pintor. A muller que o ama toca o violoncello na terraza fronte ao mar. A música convoca un fato de grandes cetáceos que se aproximan á casa. No entanto, o pintor vai de mariñeiro nun pesqueiro. Cando se desencadea unha treboada e unha onda xigantesca afunde a embarcación, a muller, na soidade da casa, intúe e presaxia a traxedia... Primeira longametraxe de animación dirixida por Miguelanxo Prado, primeira longa animada de Continental. Editada en DVD.

Palmarés: Obtivo a máxima axuda do fondo europeo Eurimages para producción de obras audiovisuais. Candidata ao premio Goya da Academia Española como mellor filme de animación de 2006. Nos premios Mestre Mateo 06 (entregados en maio de 2007) recibiu varios recoñecementos: Miguelanxo Prado foi galardonado como mellor director (ex aequo con Carlos Iglesias por "Un franco, 14 pesetas"); Nani García e Xabier Ferreiro foron premiados polo mellor son; Nani García como autor da mellor banda sonora; o web www.deprofundislapelicula.com recibiu o premio á mellor produción interactiva. A música e o seu compositor optaron aos Premios GoldSpirit (2008) nas categorías de mellor BSO española, mellor BSO de animación e mellor compositor español. Estreada en Portugal en 2009.

Ficha artística
Dirección: / Miguelanxo Prado
Guionista: / Miguelanxo Prado
Música: / Nani García
Produción Executiva: / Chelo Loureiro

 

Ficha técnica
Distribuidora / Biblos Clube de Lectores / Cameo Media
Produtora / Continental Producciones, S.L. / Desembarco Producións, S.L. / Estrella Galicia / Zeppelin Filmes

Titulo orixinal: De Profundis
Tipo: Animación
Xénero: Natureza
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 80'
Orixe: Galicia
Ano: 2006
Idioma V.O.: ningún idioma
Subtitulada: ningún idioma
Dobrada: ningún idioma
Orzamento: 1.455.350 €
web propio
Recadación: 33.551 €
Espectadores: 6.252
Importe subvencións: 194.642 €
Capital Galego: 80 %

vIDEOS | VER todos os videos de De Profundis  (2)

Documentos

  1. baixa aqui Presentación de

Audio

Galería de imaxes | VER AS 9 fotos de De Profundis

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org